A unidade móbil de renovación do DNI estará en Ortigueira o xoves 27 de novembro
A unidade móbil de renovación e expedición do DNI da Policía Nacional atoparase no Concello de Ortigueira o vindeiro xoves, 27 de novembro.
O trámite levarase a cabo na Sala de Xuntas do Concello e dividirase en dous días: o xoves, 27 de novembro, será a recollida de documentación e o luns, 1 de decembro, realizarase a entrega do novo DNI.
Para poder facer a xestión, que ten un prezo de 12 euros, será obrigatoria a cita previa, que se debe solicitar no teléfono 981 400 000.
Lembrade que a renovación pode realizarse seis meses antes da data de caducidade do documento.