Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A PANADARÍA LEVA O SÁBADO AO TEATRO DA BENEFICENCIA A HISTORIA DE “ELISA E MARCELA”

A programación cultural do Concello de Ortigueira continuará este sábado, 5 de decembro, coa representación da obra “Elisa e Marcela”, por parte da compañía A Panadaría. Será ás 20.00 horas no Teatro da Beneficencia e o prezo das entradas son 3,50 euros. Como en ocasión anteriores, prégase levar o importe exacto por razóns de hixiene e seguridade. O acceso á sala realizarase pola porta traseira do teatro 30 minutos antes do comezo da función e o aforo está limitado a 30 persoas.

A Panadaría ofrece unha visión irreverente en clave de comedia musical sobre a historia real do matrimonio homosexual de Elisa e Marcela.

Esta actividade está suxeita a cambios ou cancelacións en función da situación sanitaria pola crise da Covid-19.

Back to top