A nova biotrituradora transportable facilitará os labores de recollida de residuos e aproveitaraos para facer compost
- A maquinaria, financiada a través de fondos municipais, tivo un custo de 13.326 euros.
- Este instrumento permitirá facer compost orgánico de podas dos xardíns municipais e cos restos da herba que se corta dos mesmos.
- Juan Penabad incide en que “con este novo instrumento, ademais de mellorar a limpeza municipal, poderemos usar o compost resultante para abonar ecoloxicamente as zonas verdes municipais, eliminando unha gran cantidade de elementos químicos, e dese xeito favorecemos ou coidado ambiental”.
O Concello de Ortigueira xa ten á súa disposición a nova biotrituradora transportable, que facilitará o labor de recollida de residuos para o departamento municipal de limpeza.
Esta maquinaria, que foi adquirida dentro do Programa de Actuación na Mitigación da Xeración de Biorresiduos de Competencia Municipal do Concello de Ortigueira, foi financiada a través de fondos municipais, cun custo de 13.326 euros.
Con este novo instrumento complementarase a dotación do servizo de recollida de lixo, facilitando os labores de limpeza das rúas do municipio por parte dos traballadores municipais.
O Concello de Ortigueira, seguindo a estratexia marcada no PACEs aprobado en novembro de 2021, segue implementando políticas respectuosas co medio ambiente. En consonancia, vén de adquirir esta biotrituradora, que permitirá facer compost orgánico de podas dos xardíns municipais e cos restos da herba que se corta dos mesmos.
Este compost servirá como abono ecolóxico das zonas verdes municipais, reducindo o impacto de CO2, eliminando outro tipo de abonos químicos.
Segundo apunta o alcalde, Juan Penabad, “a adquisición desta nova maquinaria vai mellorar o traballo dos empregados á hora de seguir mantendo ou noso Concello limpo e coidado”.
O rexedor incide en que “con este novo instrumento, ademais de mellorar a limpeza municipal, poderemos usar o compost resultante para abonar ecoloxicamente as zonas verdes municipais, eliminando unha gran cantidade de elementos químicos, e dese xeito favorecemos o coidado ambiental”.