A ESCOLA DE MÚSICA ORGANIZA O CERTAME “ORTIGUEIRA É MÚSICA”, UN XOGO PARA AUMENTAR A CULTURA MUSICAL DO MUNICIPIO
A Escola de Música Concello de Ortigueira pon en marcha o certame “Ortigueira é música”, un xogo que ten como obxetivo aumentar a cultura musical no municipio a través desta iniciativa de “gamificación”. O concurso conta cun taboleiro Kahoot, que funciona como un Trivial e que consta de 25 preguntas. As respostas deberanse elixir entre catro propostas ou ben entre verdadeiro/falso.
As persoas interesadas en xogar teñen que apuntarse nesta ligazón https://cutt.ly/AyP9X5a e a inscrición está aberta ata o día 7 de xuño ou ben ata cubrir as 100 prazas dispoñibles.
O ganador ou gañadora darase a coñecer ao rematar o concurso e recibirá como agasallo un lote de libros e cedés da Escola de Música Concello de Ortigueira.