A ESCOLA DE MÚSICA ORGANIZA ESTE VERÁN UN CAMPAMENTO EN LIÑA PARA NENOS E UN CURSO DE INICIACIÓN MUSICAL PARA ADULTOS
A Escola de Música Concello de Ortigueira ofrece este verán un campamento en liña para nenos e nenas de 3 a 12 anos que se desenvolverá do 15 de xullo ao 7 de agosto, con inscripción gratuíta e prazas limitadas. A iniciativa está dirixida a menores residentes en Ortigueira e non é necesario ter coñecementos previos de música, porque se trata dunha actividade fundamentalmente lúdica na que os participantes farán teatro musical, aprenderán percusión corporal e fabricarán os seus propios instrumentos, entre outras cousas. Só é necesario ter conexión a internet e poder descargar e imprimir os materiais.
Por outra banda, a EMCO organiza a segunda edición do seu Curso de Iniciación Musical, que está dirixido a maiores de idade e que ten como referente o éxito do que se celebrou durante a corentena, con más de 40 alumnos e alumnas. Tamén terá lugar do 15 de xullo ao 7 de agosto e hai 30 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. Como no caso do campamento está dirixido a residentes en Ortigueira e é gratuíto.
A información completa pódese consultar nesta dirección
https://esmuortigueira.wordpress.com/2020/07/02/escola-de-veran-campamento-e-curso-de-iniciacion-musical/