A Escola de Música do Concello celebra o Nadal cun programa de concertos
- A axenda contará cunha actuación en directo na igrexa de Santa Marta de Ortigueira e nove en liña, que poderán verse na canle de Youtube do centro.
- Os encontros terán lugar desde o 21 de decembro ao 1 de xaneiro.
A Escola de Música de Ortigueira organiza unha programación do Nadal cunha actuación en directo e nove en liña. O Concello segue así coa súa aposta por ofrecer unha axenda para todos os públicos, contando coa música como unha das súas grandes aliadas.
A programación dará comezo mañá, 21 de decembro, co concerto de Nadal, que terá lugar ás 20:00 horas na Igrexa de Santa Marta de Ortigueira. O acto contará coa actuación do combo, o grupo de acordeóns, o conxunto de vogal e o grupo tradicional.
A programación en liña desenvolverase desde o 24 de decembro ata o 1 de xaneiro ás 20:00 horas na canle de Youtube do centro.
Programación:
24 de decembro | Doce Nadal (Música e Movemento)
25 de decembro | Concerto de Nadal EMCO 2021
26 de decembro | Ven a cantar ( Haidée)
27 de decembro | Jingle Bells ( Conxunto de pianos)
28 de decembro | Xogo de Tronos (Banda de Ortigueira)
29 de decembro | Professor Layton (Profesorado EMCO)
30 de decembro | Tattoo ( Escola de Gaitas + Banda de Ortigueira)
31 de decembro | Panxoliñas (Coros da EMCO e BMO)
1 de xaneiro | Feliz Aninovo 2022 (Combo da EMCO)