Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA DE MÚSICA DE ORTIGUEIRA PON EN MARCHA UNHA LUDOTECA MUSICAL E UN OBRADOIRO DE MÚSICA EN FAMILIA, PENSADO PARA BEBÉS

A Escola de Música de Ortigueira pon en marcha un proxecto de ludoteca musical, unha iniciativa na que se desenvolverán diferentes obradoiros artísticos relacionados coa música. No primeiro trimestre haberá un impartido por Diego Dopico e dedicado a pintura e deseño. Será de carácter gratuíto e para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que se dividirán en dous grupos en función das idades. Este obradoiro terá lugar os días 25 de outubro, 8 e 22 de novembro e 13 de decembro e as prazas son limitadas, con preferencia para alumnado da Escola de Música.

Os bebés de entre 12 e 36 meses poderán asistir cos seus pais e nais a un obradoiro de música en familia, outra proposta gratuíta que neste caso será os días 7 de novembro, 5 de decembro, 9 de xaneiro, 6 de febreiro, 5 de marzo, 16 de abril, 7 de maio e 4 de xuño. Tamén hai prazas limitadas con preferencias para usuarios da EMCO e empadroados en Ortigueira.

Por último, a Escola de Música ten aberta a inscrición gratuíta en todos os conxuntos da EMCO para que as persoas ás que lles gustaría poder cantar ou tocar nun grupo poidan facelo. Hai estilos musicais para todos os gustos. Entre os obxectivos desta iniciativa está contribuír na formación dos futuros compoñentes musicais do tecido asociativo ortegano.

Back to top