Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA PON EN MARCHA UNHA PROGRAMACIÓN DE VERÁN NA SÚA TELEVISIÓN ESCOLAR

A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) vén de anunciar que este verán emitirá unha programación especial na súa TV escolar (EMCO TV) cun programa en directo semanal que incluirá entrevistas e actuacións musicais.

O centro dá cumprimento así aos seus obxectivos de divulgación cultural sobre o municipio, a recuperación do patrimonio cultural ortegano e a estimulación e fortalecemento do tecido asociativo local.

Os programas -que se emitirán sempre ás 22.00 horas e se poden seguir en directo a través das canles de Youtube e Facebook da Escola de Música- comezarán o vindeiro martes, 28 de xullo coa retransmisión en liña dunha saída de bandas de Ortigueira na que participarán as agrupacións locais.

A segunda entrega será ao seguinte día, o 29, coa emisión do I Certame de Bandas de Ortigueira, que tivo lugar no ano 1997. É un proxecto de recuperación patrimonial coa difusión dun filme inédito gravado no antiguo pavillón municipal.

Enlaces dos dous próximos programas Online de TV:

Back to top