A ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA ESTREA ESTE VENRES UNHA VERSIÓN DA CANCIÓN “HAPPY” FEITA DESDE A CASA POR ALUMNOS E PROFESORES
Escola de Música Concello de Ortigueira estreará o venres 15 de maio ás 22.00 horas na súa canle de Youtube unha versión da canción “Happy”, coa que quere trasladar unha mensaxe de felicidade en tempos de confinamento. Alumnos e profesores do centro ortegano interpretan o tema de Pharrell Williams como “unha canción de felicidade, porque Ortigueira é unha terra máxica”, afirman desde a EMCO, e engaden que “nós non vivimos nun distanciamento social (relacionámonos a través da música) senón nun distanciamento físico (que nos impide tocar xuntos).”
Na produción do vídeo participaron 40 músicos, entre estudantes e mestres, gravando cada un desde a súa casa a parte instrumental e realizándose despois unha montaxe conxunta do emotivo vídeo.
Coincidindo coa estrea os espectadores poderán chatear entre si en tempo real, mentres o visualizan.
cumprirá no vindeiro mes de outubro vinte anos de vida, toda unha traxectoria na formación de centos de músicos con diferentes inquedanzas musicais e de novos valores para as asociacións culturais do municipio.