Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA OFRECE DÚAS ACTUACIÓNS EN SEVILLA ESTA FIN DE SEMANA

A Escola de Gaitas de Ortigueira estará esta fin de semana en Sevilla -invitada polo Lar Gallego desta localidade- para participar no X Encuentro de Casas Regionales y Provinciales organizado na capital andaluza. Esta celebración comezou hoxe e prolongarase ata o vindeiro 14 de outubro na Plaza Nueva, onde o Lar Gallego dedica un espazo, como xa o fixo con motivo da Feria de Abril, ao concello de Ortigueira. Os stands estarán abertos ao público de 12.00 a 23.30 horas, agás o domingo, no que terán horario de 12.00 a 15.00.

O día central será o 12 de outubro, cando a entidade organizará no Parque del Alamillo, a súa tradicional Romería Gallega. A partir das doce do mediodía haberá sardiñas asadas e música que correrá a cargo da Escola de Gaitas de Ortigueira e do propio grupo de gaitas do Lar Gallego.

A agrupación ortegana actuará de novo na Plaza Nueva o sábado 13 de outubro ás 22.00 horas.

Back to top