Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A BANDA SINFÓNICA DE GALICIA PECHA ESTE DOMINGO EN ORTIGUEIRA A SÚA XIRA “MÚSICA E VALORES”

A Banda Sinfónica de Galicia ofrecerá o vindeiro domingo, día 11 no Teatro de Beneficencia o último concerto da súa xira “Música e valores”, que foi presentada esta misma semana en Ortigueira e que levou á agrupación aos auditorios de Ribadeo e Sober. A actuación dará comezo ás 20.30 horas e a entrada e gratis.

A Banda Sinfónica de Galicia xurde da consolidación dos proxectos de Banda Sinfónica Infantil e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, e vén dar continuidade ao programa pedagóxico que o Plan Nacional de Bandas desenvolve desde 2015. Ten 46 compoñentes de entre 14 e 22 anos procedentes de bandas, escolas e conservatorios de toda Galicia e os seus directores son Carlos Diéguez,David Llano e Quique Lagares.

Na xira “Música e Valores” destacou a inclusión de obras de compositores galegos menores de 23 anos, como Carme Rodríguez, de Ribadeo, e Manuel Vázquez, de Cea, e a participación como solistas dos gañadores do concurso “Proxectando Sons”: Jaime Estévez (saxo alto) e Iván Carballal (bombardino).

O proxecto conta coa colaboración da Consellería de Cultura, o Concello de Ortigueira e os de Sober e Ribadeo xunto coas súas escolas e bandas, o Xacobeo 2021 e as empresas Editorial Dos Acordes de Piccolo Music Store.

Back to top