A Axenda Cultural de xuño vén repleta de música e maxia, coa presentación do libro-documental de Kepa Junkera como prato forte
• Celebrarase tamén unha coferencia sobre as investigacións dos cultivos da mazá e as variedades de sidra, en colaboración coa entidade Hijos de Rivera
O Concello de Ortigueira presenta a súa Axenda Cultural para o mes de xuño, na que están programadas diferentes actividades de música e maxia, coa presentación do libro-documental de Kepa Junkera como prato forte.
A programación iníciase este sábado, 3 de xuño, ás 20 horas no Teatro da Beneficencia, onde se proxectará a película “El héroe del”, unha das películas máis aclamadas de Buster Keaton. A entrada será gratuíta ata completar aforo.
O vindeiro xoves, día 8 de xuño, ás 17 horas terá lugar no Teatro da Beneficencia a conferencia “Os cultivos da mazá en Galicia: investigacións para a mellora do rendimento dos cultivos”, con relación ás investigacións dos cultivos da mazá e as variedades de sidra, que se realizará en colaboración con Hijos de Rivera.
O venres, día 9, ás 19:30 horas celebrarase, tamén no Teatro da Beneficencia, o musical “Imos á selva” protagonizado polo alumnado de música e movemento da Escola de Música de Ortigueira. Trátase dun musical baseado en “O entroido dos animais” de Saint Saens. A entrada é gratuíta.
O sábado 10, ás 19:30 horas, terá lugar na Igrexa Parroquial de Ortigueira o concerto do ouro do Conservatorio Mayeusis da Universidade de Vigo. Contará con Lucas Alonso, Margarita Martínez, Aine Martínez e Ernesto Campos como artistas invitados. A entrada é gratuíta.
O sábado día 17, ás 20 horas, o Claustro do Concello será a sede do espectáculo de maxia “Triscos de Maxia” a cargo de Maxia na Manga, tamén con entrada gratuíta.
A última cita será a máis especial de todas, coa presentación do documental, o libro e a exposición sobre o trikitixa de Euskadi de Kepa Junkera. Será ás 20 horas no Teatro da Beneficencia e a entrada é gratuíta.
Exposicións
Desde o 24 de xuño ao 16 de xullo o Claustro do Concello acollerá a exposición fotográfica “Berpitxu, a expo”. Trátase dun retrato realizado por Sindo Novoa e Sonia Navas da vida e obra do músico Kepa Junkera, dous fotógrafos que achegaron fotos ao o seu libro-documental.
O horario de visita será de luns a venres, de 10 horas a 14 horas.