Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A AULA CEMIT DE ORTIGUEIRA OFRECEU MÁIS DE 1.500 HORAS DE ACTIVIDADES AO LONGO DO ANO

Catrocentos vinte e sete usuarios participaron nas máis de 535 horas de formación e máis de mil horas de servizo de aula aberta da aula CeMIT de Ortigueira – distinguida pola Xunta como “aula de referencia”- ao longo do ano.

O centro conta cun total de 1.056 usuarios, cuxo perfil medio é o dunha muller de 41 a 65 anos.

A aula CeMIT de Ortigueira é un dos 98 espazos públicos existentes en Galicia coa finalidade de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes. Este ano foron ofertadas 940 prazas repartidas en más de 70 actividades, entre as que destacan as de iniciación á informática, uso do móbil e tablets, catro convocatorias anuais para a obtención do Codix, campamentos de verán tecnolóxicos de robótica, videoconferencias con Papá Noel, colaboracións co Instituto Galego de Consumo, Fegaus, etc.

Á marxe de todas estas actividades, este ano a aula CeMIT de Ortigueira, xunto coas de Fisterra, Santa Comba, Cuntis e Pontedeume, foi unha das que representou a Rede CeMIT de Galicia no encontro de dinamizadores “Somos Dixital”, celebrado no mes de marzo en Fuerteventura e no que se presentaron proxectos de Boas Praćticas. Entre eles está o programa “Compartic” integrado polas aulas de Ortigueira, Fisterra, Santa Comba, Celanova, Oroso, Cuntis, Pontedeume e Betanzos, onde se comparten actividades como álbums dixitais, deseño gráfico, deseño web, deseño calendarios, deseño en 3D, idiomas ou factura electrónica, todas elas por videoconferencia entre os centros que compoñen o programa.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades hai que se dirixir á Aula CeMIT de Ortigueira situada na Rúa Reverendo Márquez Cortiñas s/n, ou facelo a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, do teléfono 981 40 25 33, ou do correo electrónico cemit.ortigueira@xunta.es

Back to top