Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A AULA CEMIT ACOLLE VARIOS CURSOS TECNOLÓXICOS, ENTRE ELES A PREPARACIÓN PARA OBTER A CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

A programación de tecnoloxía da Aula CeMIT do concello de Ortigueira para este mes inclúe varias actividades formativas para as que aínda hai algunhas prazas libres. A primeira delas é un curso de mecanografía para adultos que dará comezo este xoves e se impartirá ata o 2 de abril todos os luns e xoves de 17.15 a 18.15 horas.

O luns 14, entre as 10.00 e as 12.00 horas, comezará a preparación das probas Códix (Certificación galega de competencias dixitais en ofimática), que se alongará ata o día 31. A inscrición rematará o vindeiro venres e só queda unha praza libre.

O martes 15 empezará o de informática para nenos/as, que se impartirá de 16.00 a 17.00 horas ata marzo con grupos de 7 a 9 e de 10 a 12 anos.

O curso de informática (nivel medio) para adultos desenvolverase a partir do luns 21 ata o 30 de marzo, de 18.30 a 20.00 horas, e por último o de informática (nivel iniciación) tamén para adultos será os xoves desde o 24 de outubro ata o 2 de abril no mesmo horario.

Back to top