Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ACTIVIDADE DA ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA TRASLÁDASE AO CENTRO SOCIAL DE SAN ANDRIÁN MENTRES SE REALIZAN OBRAS DE CALEFACCIÓN, CLIMATIZACIÓN E VENTILACIÓN NA SÚA SEDE

Na Escola de Música Concello de Ortigueira estase levando a cabo unha mellora completa do sistema de calefacción, climatización e ventilación do edificio, de maneira que a actividade durante o mes de outubro desenvolverase no local do centro social de San Adrián. As obras execútanse a través dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental 2020 solicitada polo Concello. As instalacions provisionais atópanse xa acondicionadas para recibir a todo o alumnado da EMCO.

Para contactar co centro durante este período habilítase un novo número de teléfono e de whatsapp, o 633 763 890, e para consultar a localización exacta da sede temporal pódese consultar esta ligazón https://cutt.ly/5gpxhhw.

A previsión é que a volta ás aulas da escola na rúa Márquez Cortiñas se produza o 3 de novembro.

Back to top