O PLENO ACORDA AXILIZAR O PAGO DE FACTURAS A PROVEDORES
O Concello de Ortigueira aprobou nunha sesión plenaria extraordinaria e urxente celebrada hoxe unha modificación presupostaria e dous expedientes de modificación de crédito que permitirán axilizar o pago de facturas aos provedores. A iniciativa, segundo explicou o alcalde, Juan Penabad Muras, ten por obxecto aliviar a situación económica na que se atopan as pemes e autónomos que traballan para o Concello como consecuencia da crise sanitaria do coronavirus Covid-19, abonando as cantidades adebedadas. Na mesma sesión deuse conta das medidas adoptadas pola institución municipal en relación co estado de alerta, que se poden consultar na páxina web do Concello.