PIDEN AOS VECIÑOS E VECIÑAS DE ORTIGUEIRA QUE NON TEÑAN COBERTURA NOS SEUS MÓBILES QUE O NOTIFIQUEN AO CONCELLO
O goberno de Ortigueira fai un chamamento aos veciños e veciñas que non teñan ningunha cobertura nos seus teléfonos móbiles para que o poñan en coñecemento do Concello, informando de onde se produce o problema.
O obxectivo é realizar xestións para intentar solucionar o problema das persoas que non poden facer chamadas a través destes dispositivos, pero para iso é necesario saber as zonas que realmente se ven afectadas por esta situación.