Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O TEATRO DE BENEFICENCIA ACOLLERÁ MAÑÁ A EMISIÓN DO PROGRAMA “CONVIVIR DEPORTIVO” E O SÁBADO A PROXECCIÓN DA PELÍCULA “O QUE ARDE”

O programa da Radio Galega Convivir Deportivo, que conduce Alfonso Pardo, emitirase mañá xoves a partir das sete da tarde, desde o Teatro de Beneficencia de Ortigueira. Contará coa participación do centro de actividades ecuestres Granxa do Souto, entre outros convidados. A entrada é libre ata encher o patio de butacas.

Neste mesmo escenario, o sábado 11 proxectarase a premiada película de Oliver Laxe “O que arde”. Será as 19.30 horas e o prezo das entradas é de 3 euros. “O que arde” foi premio do xurado no Festival de Cannes de 2019 e obtivo tamén catro nominacións aos Goya deste ano. A película narra a volta a casa da súa nai, nunha aldea de Lugo, do pirómano Amador despois de saír do cárcere.

Back to top