O ALUMNADO DO CEIP JOSÉ MARÍA LAGE XA TEN O SEU CALENDARIO DA IGUALDADE
O alumnado do CEIP José María Lage xa ten o calendario ilustrado do ano 2020 que o Concello editou dentro do proxecto “Aulas de igualdade”, que ten como obxectivo rachar cos estereotipos de xénero tanto na aula como na casa.
Trátase dun programa de sensibilización, información e difusión que puxo en marcha a Concellería de Igualdade coa financiación da Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.
O calendario é un traballo de Almas Meraki, con Diana Adelaida Farré como deseñadora que recolle mensaxes como que nenos e nenas poden aspirar á profesión que queiran, a ser líderes ou a practicar o deporte que prefiran e tamén otros relacionados co reparto igualitario das tarefas no fogar.