O DEBUXANTE CRISTIAN F. CARUNCHO PRESENTA O SEU CÓMIC “GRANDARROIBA” EN COUZADOIRO
O debuxante ortegano Cristian F. Caruncho presentará este sábado, 7 de decembro, na súa parroquia -Couzadoiro- o seu cómic “Grandarroiba”, ambientado na aldea mañonesa do mesmo nome. O acto terá lugar ás sete da tarde no Teleclube e o autor firmará exemplares da súa obra, editada por Demo Editorial. Ao rematar haberá unha actuación musical a cargo de Diego de Braelle.
Caruncho foi o ilustrador elixido para publicitar a edición deste ano do Festival Celta, deseñando o cartel.