Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

REABRE O VASO DA PISCINA DE ORTIGUEIRA, QUE SUFRIU DANOS CO TEMPORAL

O Concello de Ortigueira informa de que hoxe abriu o vaso da piscina municipal, que permanecía pechado como consecuencia dos danos producidos polo temporal a principios de novembro. Os desperfectos eran “incompatibles coa seguridade e utilización dos usuarios”, polo que decidiuse prescindir temporalmente deste servizo en tanto se reparaban. O mal tempo das últimas semanas ralentizou os traballos, que finalmente permitirán a reapertura na xornada de mañá. O Concello notificou que non se cobrará a mensualidade aos usuarios e usuarias.

Back to top