ABERTA A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL EN ORTIGUEIRA
Está aberto o prazo de inscrición para asistir á xornada sobre o Proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal como axente dinamizador do turismo e do desenvolvemento sostible que terá lugar o vindeiro día 4 de decembro, ás seis da tarde, no Teatro de Beneficencia. Trátase dunha iniciativa na que colaboran o Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Deputación da Coruña que leva a todos os municipios implicados no proxecto información sobre a súa incidencia na zona desde o punto de vista turístico e medioambiental. A entrada é gratuíta.