MAGOSTO EN ORTIGUEIRA
O Concello de Ortigueira organiza o xoves, 31 de outubro, o tradicional magosto, que terá lugar na praza de Isabel II a partir das seis da tarde e ao que se invita a participar a todos os veciños e veciñas. Ademais das castañas, haberá xogos populares para os máis novos e música para ambientar a celebración.