Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

“TRES VELLAS (POLO MENOS)”, O SÁBADO NO TEATRO DE BENEFICENCIA

O Teatro de Beneficencia de Ortigueira acollerá o vindeiro sábado, día 19 de outubro, o espectáculo “Tres vellas (polo menos)”, no que Celso Fernández Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutiérrez “Guti” obsequiarán ao público coas súas narracións orais e entrecruzadas que recollen “contos de vellas”. A función estará tamén callada de comicidade e comentarios de actualidade, aínda que esas narracións orais que veñen de atrás serán o fío condutor.

O espectáculo dará comezo as 20.00 horas e o prezo das entradas é de 3,5 euros.

Back to top