Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTA A INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN ACTIVIDADES DO METAL NA CONSTRUCIÓN EN ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira ten aberto o prazo para participar nun curso de nivel básico de prevención de riscos laborais das actividades do metal na construción de 60 horas de duración e que terá lugar no Centro de Formación do polígono de A Rega-Cuíña. O curso estará coordinado polo servizo municipal de orientación laboral e desenvolverase do 14 ao 25 de otubro en horario de 8.30 a 14.30.

Hai un total de 15 prazas dispoñibles e para se inscribir –nas oficinas do rexistro municipal ou a través do rexistro electrónico- é necesario aportar un informe de vida laboral no caso de persoas ocupadas ou a tarxeta de demanda de emprego se están no paro. O prazo remata o día 10 de outubro.

Back to top