Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

SUMRRÁ PRESENTA O SEU DISCO “6 MULLERES” NO TEATRO DE BENEFICENCIA DE ORTIGUEIRA

O vindeiro sábado, día 14, o Teatro de Beneficencia será escenario dun concerto do grupo Sumrrá, que presentará o seu último disco, “6 mulleres”. Dará comezo ás 20.30 horas e o prezo das entradas é de 3,50 euros.
Este disco, editado polo selo Clermont Music, é unha homenaxe do trío galego de jazz contemporáneo a “seis mulleres poderosas que foron e aínda son fonte de inspiración na loita por un futuro mellor para toda a humanidade”. As referentes deste traballo discográfico son a pintora Frida Kahlo, a activista paquistaní pola educación das mulleres Malala Yousafzai, a loitadora polos dereitos civís Rosa Parks, a feminista chinesa Qiu Jin, a escritora exipcia Nawal El-Saadawi e a poeta galega Rosalía de Castro.
Con “6 mulleres”, Sumrrá quere facer a súa aportación á loita feminista a través da música do século XXI.

Back to top