Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A BANDA SINFÓNICA DE GALICIA PRESENTA O DÍA 5 EN ORTIGUEIRA A SÚA XIRA MÚSICA E VALORES

A Banda Sinfónica de Galicia presentará o vindeiro día 5 de agosto ás 12.30 no Teatro de Beneficencia de Ortigueira a súa xira Música e Valores, que incluirá concertos no auditorio de Ribadeo (9 de agosto ás 20.30), o auditorio de Sober (10 de agosto ás 20.30) e no propio Teatro de Beneficencia o día 11 tamén ás 20.30.

A Banda Sinfónica de Galicia xurde da consolidación dos proxectos de Banda Sinfónica Infantil e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, e vén dar continuidade ao programa pedagóxico que o Plan Nacional de Bandas desenvolve desde 2015. Ten 46 compoñentes de entre 14 e 22 anos procedentes de bandas, escolas e conservatorios de toda Galicia e os seus directores son Carlos Diéguez,David Llano e Quique Lagares.

Na xira Música e Valores destaca a inclusión de obras de compositores galegos menores de 23 anos, como Carme Rodríguez, de Ribadeo, e Manuel Vázquez, de Cea, e a participación como solistas dos gañadores do concurso “Proxectando Sons”: Jaime Estévez (saxo alto) e Iván Carballal (bombardino).

O proxecto conta coa colaboración da Consellería de Cultura, o Concello de Ortigueira e os de Sober e Ribadeo xunto coas súas escolas e bandas, o Xacobeo 2021 e as empresas Editorial Dos Acordes de Piccolo Music Store.

Back to top