Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O II FESTIVAL DE HABANERAS E CANCIÓN MARIÑEIRA DE ORTIGUEIRA CELEBRARASE O 3 DE AGOSTO

O sábado 3 de agosto celebrarase o II Festival de Habaneras e Canción Mariñeira de Ortigueira, organizado pola asociación cultural do mesmo nome coa colaboración do Concello e da Deputación. Nesta ocasión actuarán o Grupo de Guitarras da Escola de Música de Ortigueira, a Rondalla de Cariño, o Coro Tempus Fugit de Viveiro, a coral polifónica El Eco de A Coruña e o coro Son Astur de Oviedo.

As actividades comezarán cunha visita ao patrimonio indiano de Ortigueira, a partir das 11 da mañá, organizada polo departamento municipal de Turismo. As inscricións para tomar parte nesta actividade pódense realizar a través do número de teléfono 981 974 103. A continuación, á unha da tarde, actuará no claustro do Concello o Coro de Espasante.

Desde as 20.00 horas haberá un desfile de época pola plaza de Isabel II e o Cantón e media hora despois, ás 20.30, darán comezo as actuacións no escenario que se instalará no Cantón.

Back to top