Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

DE VACAS LEVA O SEU FRESCO E DIVERTIDO ESPECTÁCULO AO TEATRO DE BENEFICENCIA

O Teatro de Beneficencia de Ortigueira será escenario o vindeiro sábado, día 8 de xuño, dun concerto do divertido e premiado grupo De Vacas. A actuación dará comezo ás 20.30 horas e as entradas pódense adquirir en venda anticipada ata o venres en horario de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas. O mesmo día estarán na billeteira do teatro desde as 19.30. O prezo é de 4,50 euros.

De Vacas autodefínense como “catro vacas que rin e cantan” e invitan ao público a ir “pacer con elas”.
Atoparán un espectáculo fresco que mezcla voces e guitarra nun repertorio que ten en “Enrique Igrexas”, “Cristina da Aguieira” ou “Mónica da Laranxeira” algunhas das súas abondosas fontes de inspiración.

Back to top