Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ORGANIZACIÓN DA PROBA DE MEDIA MARATÓN ENTRE ORTIGUEIRA E CARIÑO ROZOU A EXCELENCIA, SEGUNDO A FEDERACIÓN DE ATLETISMO

A Real Federación Española de Atletismo expresou a súa felicitación polo desenvolvemento da proba de Media Maratón puntuable para o Campionato de España que se disputou o pasado sábado entre Ortigueira e Cariño.

O Observatorio do Atletismo Galego realizou unha auditoría na que se destaca o “estrito e rigoroso” protocolo de seguridade e sanitario, con máis dun cento de voluntarios que garantiron o corte total de circulación e as zonas técnicas delimitadas durante o desenvolvemento da proba. Tamén se salienta o voluntariado como elemento diferencial no ámbito dos recursos humanos, así como o protocolo da entrega de premios e os elementos paralelos á propia competición, como a animación e o seguemento en streaming en pantalla xigante e online.

A mesma auditoría subliña a promoción e divulgación previa do evento e a súa presentación tanto nos perfís específicos e institucionais como no que se refiere a súa presencia nos medios de comunicación antes e despois da mesma.

O Observatorio conclúe que a organización do evento presentou un gran nivel técnico “rozando a excelencia no voluntariado e demais recursos humanos”.

Back to top