Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A ESCOLA DE MÚSICA DO CONCELLO DE ORTIGUEIRA MOSTRA O SEU TRABALLO EN DOUS CONCERTOS EN SAN ADRIÁN E LOIBA

O ciclo de concertos da Escola de Música do Concello de Ortigueira, que se desenvolve baixo o lema “Música para a Vida”, continuará os vindeiros días 1 e 8 de xuño no auditorio de San Adrián e no centro social de Loiba, respectivamente.

Actuarán os grupos de música e movemento; conxunto de guitarras; coro infantil; coro; banda da Escola de Música; combo; conxunto tradicional e grupos de cámara.

Os dous concertos -que darán comezo ás seis da tarde- ofrecen unha mostra do traballo que se desenvolve ao longo do curso neste centro de formación musical.

Back to top