CINCO ENTIDADES ORTEGANAS CELEBRARON A FESTA DOS MAIOS
Cinco entidades de Ortigueira celebraron onte os Maios na praza de Isabel II e elaboraron unha alfombra floral comunitaria. Na actividade -que contou coa colaboración do Concello- participaron Aspromor, o CEIP José María Lage, a Escola Infantil Galiña Azul, o IES de Ortigueira e a residencia de persoas maiores.
Ademais dos traballos florais houbo música, a cargo da Escola de Gaitas, e unha lectura de coplas alusivas aos maios.