Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

EO XURADO ELIXIU OS MELLORES DISFRACES DO CONCURSO DE ORTIGUEIRA

O Concello de Ortigueira vén de decidir os gañadores e gañadoras do concurso de disfraces organizado con motivo do Entroido, no que se repartiron máis de 3.000 euros en premios.

No apartado de individual, parella e trío os galardoados foron “O Arco da Vella”, “Érase unha vez Pinocho”, “Zombie” e “Bella e Bestia”, por esta orde.

Na categoría de grupos de 4 a 14 integrantes os catro premios recaeron respectivamente en “Billar Humano”, “Pantera Rosa”, “Las Meninas de Velázquez” e “Winter Pride”.

Nos grupos de 15 ou máis compoñentes resultaron gañadores “Os Faunos do Tempo”, “La Senda de la Superstición”, “Ortigueira Globers” e “Suca Zumba”. O único premio para asociacións ou centros educativos foi para “Los Cochitos de Choque”, mentres que o das comparsas quedou deserto.

O xurado estivo integrado polo alcalde, Juan Penabad Muras, como presidente; Juan Manuel López Rego, técnico municipal de Cultura, como secretario; e Juan Manuel Cao García, concelleiro de Obras, Servizo e Medio Rural, e Diego Fernández Cela, do Fútbol Club Ortigueira, como vogais.

Back to top