O QUINTETO “NUESTRO TIEMPO” ACHEGARÁ A MÚSICA DE ASTOR PIAZZOLLA AO TEATRO DE BENEFICENCIA CO SEU CONCERTO “TANGO MAESTRO”
O quinteto “Nuestro Tiempo” ofrecerá o sábado 16 de febreiro no Teatro de Beneficencia un percorrido pola música riopratense especialmente centrado na obra do Mestre Astor Piazzolla agrupado baixo o título “Tango Maestro”.
A partir das 19.30 horas, esta agrupación musical achegará ao público a música de Piazzolla, un xenial bandoneonista arxentino que misturou o xénero musical do tango -declarado Patrimonio da Humanidadecon elementos do jazz e da música clásica e conseguiu un resultado innovador e sorprendente.
O quinteto “Nuestro Tiempo” reproduce a formación clásica de Piazzolla e está formado por Matías González (bandoneón), Pablo Woizinski (piano), Marcelo González (violín), Risto Voulanne (contrabaixo) e Guillermo Bazzola (guitarra eléctrica).
As entradas teñen un custo de 3,50 euros.