ABERTO O PROCEDEMENTO DE OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
O Concello de Ortigueira informa da segunda convocatoria publicada pola Consellería de emprego para a obtención do certificado de profesionalidade en distintas cualificacións, e da posibilidade de obter información a través dos técnicos e técnicas municipais.
- Certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas no domicilio, e atención sociosanitaria a persoas en Institucións: para máis información e orientación, os interesados deberán dirixirse a Rocío Carballeira.
- Certificado de profesionalidade en socorrismo en espazos acuáticos naturais, socorrismo en instalacións acuáticas, tanatopraxia, docencia para a formación e operacións auxiliares de fabricación mecánica: para máis información e orientación, os interesados deberán dirixirse a Mercedes Álvarez.
Para todas estas cualificacións o prazo de presentación de solicitudes para participar no procedemento ábrese hoxe e remata o 7 de febreiro.