Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCERTO SOLIDARIO DA ESCOLA DE GAITAS DE ORTIGUEIRA SERÁ A BENEFICIO DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CÁNCER

A programación de Nadal do Concello de Ortigueira continuará mañá xoves coa celebración das I Xornadas Terras do Ortegal, que se dedicarán ao Camiño dos Arrieiros. Están organizadas pola entidade Terras do Ortegal coa colaboración da institución municipal, presentará Bernardo Penabade –mestre e membro da asociación Nordés- e intervirán José López Fernández e Vanesa Trevín, aínda que non na súa condición de concelleira senón como arqueóloga.

Ao día seguinte, o venres 28, celebrarase un obradoiro musical de Nadal na biblioteca municipal pensado para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Comezará ás once da mañá e leva por título “Imos cantar o Nadal”. Nesta mesma data, ás 20.30 no Teatro de Beneficencia, celebrarase un concerto solidario da Escola de Gaitas de Ortigueira a beneficio da Asociación Española contra o Cáncer. Participan, ademais da Escola de Gaitas, Os Carecos e a Asociación de Acordeóns de Cedeira. Tamén se sorteará unha cesta de Nadal entre os asistentes.

Back to top