PRESENTADO O LIBRO “LOIBA NA MEMORIA”, DE LELA CASTELO SANTABALLA
A concelleira de Cultura, Vanesa Trevín, asistiu o pasado sábado á presentación do libro “Loiba na memoria”, un traballo do que é autora Lela Castelo Santaballa. O acto celebrouse no local da asociación de veciños coa asistencia de numeroso público. O libro dá resposta a moitas cuestións relacionadas coa historia da parroquia, entre elas cando aparece citada por primera vez nun documento escrito, cando comezou a explotación da mina de chumbo ou quen foron personaxes como o cego da Rieira ou Benito da Culpa, xunto con lembranzas da propia autora e da veciñanza. O Concello de Ortigueira dá as grazas a Lela Castelo Santaballa por recoller toda esta sabedoría e cultura popular que agora permanecerá para sempre conservada nas páxinas de “Loiba na memoria”.