ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O PROGRAMA “CONCILIORTIGUEIRA, SEN COLE NO COLE”
O Centro de Información á Muller da Concellería de Benestar Social e Igualdade abre o prazo de inscrición no programa municipal de conciliación “Conciliortigueira, sen cole no cole”. Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida ás familias que necesitan organizar o tempo de traballo e a conciliación familiar durante as vacacións de Nadal dos seus fillos e fillas.
Desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas no CEIP José María Laxe, onde se organizarán obradoiros e actividades de lecer. Para apuntar aos menores hai que se dirixir ao Centro de Información á Muller en horario de 8.00 a 14.00 horas ata o día 19 de decembro ou ata que se esgoten as prazas (hai un total de 20). Terán prioridade as familias empadroadas en Ortigueira.
O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.