REMATADO O CURSO DE DEFENSA PERSOAL PARA MULLERES
Dentro da campaña Institucional contra a violencia de xénero, vén de rematar o curso de “Defensa Persoal e autocapacidades” promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e desenvolto os días 13 e 15 de novembro no pavillón do IES de Ortigueira.
A iniciativa estivo dirixida a mulleres e impartida por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita, e consistiu nun adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación diante de diferentes situación.
Na seguinte galería poden verse imaxes de diferentes momentos do curso: