Os servizos que se prestan no arquivo municipal son:
- Información aos usuarios: atención de consultas de forma presencial, por teléfono, correo postal e electrónico.
- Consulta de fondos documentais: consulta en sala de documentos orixinais do arquivo, sempre tendo en conta a normativa de acceso e as condicións de conservación do documento obxecto da consulta.
- Consulta da biblioteca auxiliar: o arquivo e a biblioteca municipais comparten edificio, desta forma a bibliografía específica de arquiivística, ciencias auxiliares, historia local e rexional poden consultarse na sala de lectura da biblioteca municipal.
- Actividades culturales e educativas: colaboración co outras institucións e centros educativos, visitas, exposicións, etc.