Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentado as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes co contido mínimo regulado en dita normativa.

Poderán interpoñer recurso de reposición contra calquera acto ou resolución que poña fin á vía administrativa todos os interesados ou os seus representantes, e deberán facelo ante o mesmo órgano que ditou a resolución recurrida (Alcaldía, Xunta de Goberno Local ou Pleno).

  • Prazo máximo de presentación: un mes desde que o Concello informe da resolución.
  • Prazo máximo de resolución: un mes desde a presentación do recurso.
  • Silencio administrativo: desestimatorio ou negativo.

Todos os recursos que se interpoñan no Concello deberán incorporar, como mínimo, a seguinte información:

  • Nome e apelidos do recorrente, así como a identificación persoal do mesmo.
  • acto que se recorre e a razón da súa impugnación.
  • Lugar, data, sinatura do recorrente, identificación do medio e do lugar que se sinale a efectos de notificacións.
  • Órgano administrativo ao que se dirixe.
  • As demais particularidades esixidas, no seu caso, polas disposicións específicas.

VER PDF Instancia para presentación de recurso

Tamén pode realizar a presentación do recurso mediante instancia dispoñible na sede electrónica do Concello. Na seguinte ligazón pode descargarse a instancia autorellenable:

VER PDF Instancia autorellenable da sede electrónica para presentación de recurso

Para a presentación do recurso pode facelo presencialmente no rexistro xeral do Concello, ou a través da sede electrónica:

REXISTRO XERAL

Praza de Isabel II, s/n.
981 400 000.
Horario de atención: de luns a venres de 9.00 h a 14.30 horas (18 de marzo, 22 de maio, 26 de xullo,16 de agosto, e 24 e 31 de decembro de 2019, todas as oficinas permanecerán pechadas a excepción do rexistro).

REXISTRO DA SEDE ELECTRÓNICA

Sede electrónica do Concello (require identificación persoal)

Nas seguintes ligazóns pode consultar as leis que regulan os recursos no ámbito da Administración Local:

IR Á LIGAZÓN Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (Artigo 112 e seguintes)

IR Á LIGAZÓN Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Artigo 14

Non hai eventos

Back to top