Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Así é a programación cultural do Concello de Ortigueira para o mes de marzo

O Concello de Ortigueira presenta a programación cultural e educativa para o mes de marzo, cunha variada oferta de actividades para todas as idades.

O sábado, 1 de marzo, ás 17:00 h, festa e xogos infantís na carpa da Alameda.

O domingo, 2 de marzo, teremos ás 18:00 h o teatro Ghazafellos no marco do ciclo DinamizartJ e, ás 20:00 h, unha degustación de doces do Entroido no Mercado Municipal.

O luns, 3 de marzo, ás 17:00 h teremos un baile infantil con ‘Las Pamisuky’ na carpa da Alameda e, a partir das 21:00 h, o desfile de Entroido dende a Biblioteca ao Cantón, con festa na carpa da Alameda amenizada pola Orquestra M3.

O venres, 7 de marzo, ás 20:30 h, teremos o enterro da sardiña na praza Isabel II, Cantón e Alameda. Ademais, realizaremos un mural na Biblioteca polo Día da Muller.

O sábado, 8 de marzo, ás 18:00 h, a obra de teatro infantil ‘Pum! Pum! Quen hai?’ de Ártika Cía no Teatro de Beneficencia. Tamén teremos o encontro ‘Con voz de muller’ na Rúa Orillamar.

O martes, 11 de marzo, ás 19:00 h, teremos a presentación do libro ‘La última primavera’ de Amparo Bellido, que terá lugar na Biblioteca Municipal no marco do Día da Muller.

O mércores, 12 de marzo, ás 11:00 h, gozaremos dunha charla coloquio sobre asociacionismo no rural, impartida por Rosa Arcos Caamaño no Centro San Roque.

O sábado, 15 de marzo, ás 18:00 h, teremos un baile no Centro Social Mera de Arriba.

O domingo, 16 de marzo, ás 18:00 h, ‘Suena a pasión’ no III Festival de Cuaresma na igrexa de Santa Marta.

Os martes, 18 e 25 de marzo, ás 16:30 e as 18:00 h, un obradoiro polo Día do Cómic na Biblioteca Municipal con inscrición previa.

O domingo, 23 de marzo, ás 19:00 h, ‘El asesino del tango’ no Teatro de Beneficencia, dentro do programa DinamizartJ.

O mércores, 26 de marzo, ás 11:00 h, charla coloquio sobre emprendemento en feminino, impartida por Rosa Arcos Caamaño no Centro San Roque. O mesmo día, ás 12:30 h, a obra ‘Bicos con lingua’ de Talía Teatro, no Teatro de Beneficencia.

O xoves, 27 de marzo, ás 16:30 h na aula CeMIT, un obradoiro de contas, pago electrónico e hipotecas, e ás 20:30 h, xornadas médicas de primeiros auxilios con Javier Pereira.

E o sábado, 29 de marzo, ás 19;30 h, ‘Acotaga’ no III Festival de Cuaresma, na igrexa de Santa Marta.

O Concello de Ortigueira convida a toda a cidadanía a participar nestas actividades que promoven a cultura, a educación e o goce comunitario.

Back to top