Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

OS PARTICIPANTES NO CURSO DE COCIÑA DE ORTIGUEIRA FARÁN UNHA DEGUSTACIÓN DE PINCHOS PARA HOSTALEIROS DA VILA

A iniciativa está dirixida aos profesionais que aceptaron a alumnos en prácticas nos seus establecementos.

O restaurante “A Cabana do Fos” acollerá mañá martes, a partir das seis da tarde, unha degustación de pinchos elaborados polos alumnos e alumnas do curso de cociña avanzada. A degustación está dirixida aos hostaleiros que aceptaron a realización de prácticas dos participantes nesta iniciativa formativa nos seus establecementos. Esta fase do curso prolongarase durante o mes de xuño.

O curso “Métodos de cocción e conservación V gama”, organizado polo Concello a través do Instituto Ortegano de Promoción Económica (IOPE) desenvólvese ata o 31 de maio nas instalacións de “A Cabana do Fos” e está dirixido a profesionais ou persoas que xa conten con algunha formación en cociña.

Back to top