Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello oferta ata 270 nos seus campamentos urbanos de conciliación para o verán

O Concello de Ortigueira oferta ata 270 prazas nos campamentos urbanos de conciliación para o verán deste ano para nenos e nenas de 4 a 11 anos empadroados no municipio.

Así, as actividades estenderanse durante nove semanas e o número máximo de prazas por cada unha será de 30 participantes. Entre o catálogo de actividades, atópanse excursións, xogos ao aire libre e acuáticos, deportes, talleres e demais para que os nenos e nenas poidan aprender á vez que se divirten.

As quendas distribúense da seguinte maneira: do 24 ao 28 de xuño; do 1 ao 5; do 15 ao 19; e do 22 ao 26 de xullo; do 29 de xullo ao 1 de agosto; do 5 ao 9; do 12 ao 16; e do 26 ao 30 de agosto.

En canto aos horarios, ofrécense dúas modalidades diferentes para adaptarse ás necesidades de todas as familias. O primeiro, que tan só contempla as actividades, comprende desde as 9:30 ata as 14:00 horas, e ten un prezo de 20 euros semanais. O segundo horario vai desde as 8:00 ata as 14:00 horas, incluíndo un servizo de xantar.

O prazo de inscrición péchase o día 20 de xuño e, á hora da admisión, darase preferencia aos nenos e nenas que xustifiquen debidamente a necesidade de conciliación familiar. A documentación deberá entregarse no Rexistro do Concello.

As persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 981 422 026 ou 981 400 000 para obter máis información.

Obtén o formulario de solicitude pinchando aquí.

Back to top