Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O programa ‘Ortigueira ao paso’ ofrece dous roteiros de sendeirismo para Nadal

Ortigueira programa dous roteiros de sendeirismo para este Nadal.

A primeira saída, que se celebrará o sábado 23 de decembro, será o roteiro de Loiba-Espasante. Partirase ás 9:38 horas no tren FEVE desde Ortigueira e o regreso será ás 16:43 horas desde Espasante. Consta dunha distancia de 10 quilómetros e baixa dificultade.

A seguinte será o sábado 30 de decembro, realizándose, esta vez, o roteiro intermareal de Ladrido a Espasante. A saída será ás 9:38 horas no FEVE desde Ortigueira e o regreso ás 16:43 horas desde Espasante. Nesta ocasión, terá 8,5 quilómetros e baixa dificultade.

Recoméndase levar botas de auga, bastón, roupa cómoda, auga e algo de comida.

As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de turismo de Ortigueira ou chamando ao número de teléfono 652 53 31 58.

Estes roteiros completan a programación para a ponte de decembro, para cando estaban programadas outras tres rutas: a dos cantís de Loiba-Esteiro, o xoves 7 de decembro; a das marismas de San Adrián, o venres 8 de decembro; e a do Casón o sábado 9 de decembro.

 

Back to top