O libro ‘Con Voz de Muller’ da parroquia de Ladrido xa está no Centro de Información á Muller
Os libros do proxecto ‘Con Voz de Muller’ están a disposición da veciñanza no Centro de Información á Muller, no departamento de Servizos Sociais.
Alí pódense atopar os de Ladrido, Couzadoiro, Mera, Loiba, San Claudio e San Adrián.
O da parroquia de Espasante está esgotado.
Ademais, tamén se pode consultar de maneira online na páxina web da Deputación da Coruña.