Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Axenda cultural do mes de xullo

  • O Festival Internacional do Mundo Celta, entre o 9 e o 16 de xullo, encabeza a programación
  • O mes pecharase coa celebración das Festas Patronais de Santa Marta

O Concello de Ortigueira presenta a súa Axenda Cultural para o mes de xullo, na que están programadas diferentes actividades de cultura, arte e música, co Festival Internacional do Mundo Celta e as festas patronais de Santa Marta como pratos principais.

O festival, declarado de interese turístico internacional, comeza este domingo, 9 de xullo, e desenvolverase na localidade ata o próximo día 16. Oito días de celebración nos que transcorrerán polo municipio miles de persoas para gozar dun espectáculo que é xa parte da historia do pobo.

O luns e martes, días 16 e 17, o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica de Galicia e o Concello organizan a actividade ‘Girl STEAM’ para fomentar un uso creativo e crítico da tecnoloxía na adolescencia. Desenvolverase na aula CeMIT ás 10:30 horas e as prazas son limitadas.

O venres, día 21, a Asociación ‘Terras do Ortegal’ presenta no local de San Roque o décimo número da Revista Terras do Ortegal, dedicado nesta ocasión ao mundo do mar. A entrada é gratuíta.

A música será protagonista o día 24 co concerto ‘Acordes, cordas e recordos’ de D. Higinio Rodríguez López, director da primeira coral creada pola Asociación ‘Amigos da arte’ de Ortigueira. No encontro participarán o conxunto vogal Berce e o grupo Vos Rueiros. Terá lugar ás 20:00 horas no Claustro do Concello.

O mércores 26 o Teatro dá Beneficencia acollerá a presentación da reedición facsimilar do libro Nomee xenérico dos Hijos de Ortigueira. Opúsculo I (1903) e Opúsculo II (1904), de Julio Dávila, editada en colaboración co Concello, a familia Dávila e a biblioteca municipal.

O mes péchase ao grande coa celebración, do xoves 27 ao luns 31, das Festas Patronais de Santa Marta.

Exposicións

Ata o 16 de xullo o Claustro do Concello acollerá a exposición fotográfica “Berpiztu, a expo”. Trátase dun retrato realizado por Sindo Novoa e Sonia Navas da vida e obra do músico Kepa Junkera, dous fotógrafos que achegaron fotos ao seu libro-documental.

Desde este domingo, día 9, ata o seguinte, día 16, na mesma localización poderá visitarse a mostra de imaxes ‘A través do noso obxectivo’. A partir do día 27 e ata o día 15 de agosto, poderá verse a exposición XVII Premio Jesús Núñez. A Sala de exposicións da primeira planta tamén estará ocupada do 20 de xullo ao 28 de agosto coa exposición Castelao Grafista (facsímile), de Afundación.

Back to top