‘Todas a unha!’, un encontro de mulleres organizado con motivo do Día da Muller
O Concello de Ortigueira organiza ‘Todas a unha!’, un encontro de mulleres emprendedoras, autónomas e empresarias, recollido no programa municipal polo 8M.
O obxectivo desta iniciativa é abordar as necesidades e retos pendentes, ademais de compartir proxectos profesionais para xerar sinerxias.
Sábado, 25 de marzo
16:30 a 19:30 horas
Centro social de San Adrián
As inscricións deben realizarse antes do 23 de marzo a través do correo cim@concellodeortigueira.com ou do teléfono 981 400 000.