Ortigueira acollerá un curso formativo de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes organizado pola Deputación da Coruña
- Esta formación está incluída no Programa de Emprego Local (PEL) impulsado pola Entidade provincial
- Celebrarase do 22 de febreiro ao 26 de xuño no centro San Roque, en horario de 09 h a 14 h
- Todos os interesados e interesadas poden solicitar máis información ao servizo de orientación municipal a través dos números de teléfono 698 196 697 e 981 400 000, ou a través do correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com
O Concello de Ortigueira será sede dunha das formacións encadradas no Programa de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. Durante este mes de febreiro dará comezo o curso de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
Esta formación, que inclúe prácticas en empresa e certificado de profesionalidade, pretende ofrecer un apoio laboral a todas as persoas á hora de emprender un camiño laboral no sector forestal ou para seguir formándose niso.
A data prevista de inicio está marcada para o mércores, 22 de febreiro, e o seu fin presumiblemente será o luns, 26 de xuño. As clases terán lugar de luns a venres, no centro de San Roque, en horario de 09 h a 14 h, e contarán cun número limitado de prazas de 15.
Todos os interesados e interesadas poden solicitar máis información ao servizo de orientación municipal a través dos números de teléfono 698 196 697 e 981 400 000, ou a través do correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com.