A Escola de Música do Concello de Ortigueira (EMCO) prepara unha programación especial para os meses de novembro e decembro na súa canle de Youtube
- Programaranse un total de 6 sesións, que inclúen 2 paseos musicais e unha visita virtual a través de diferentes enclaves do municipio
- O director da EMCO, Carlos Diéguez, impartirá unha webinar de estratexias de comunicación para asociacións musicais
A Escola de Música do Concello de Ortigueira (EMCO) prepara unha programación especial para os meses de novembro e decembro na súa canle de Youtube.
Un total de 6 sesións, entre as que se inclúen 2 paseos musicais, unha visita virtual e unha webinar informativa, que se celebrarán cada mércores ata final de ano.
Os paseos musicais, que continuarán en posteriores ciclos, teñen a intención de mostrarnos os lugares emblemáticos do municipio, como os barrios, parroquias ou os edificios indianos a través de diferentes pezas musicais.
O programa dará comezo o día 23 de novembro co paseo musical por O Ponto e Campo da Torre; continuando o día 30 coa interpretación a Mandolina de Guigue BMW 1007, de J.S. Bach, a cargo do profesor da Escola de Música Xurxo Iglesias.
O mércores, 7 de decembro, celebrarase a webinar impartida por Carlos Diéguez, director da Escola de Música, sobre estratexias de comunicación para asociacións musicais.